Pleno ordinario de maio
A Corporación Municipal de Negreira está convocada ó Pleno da Corporación en sesión ordinaria, o luns, día 12 de maio, ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello coa seguinte orde do día:
Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 68/2025 ó nº 148/2025, ambos inclusive.
Segundo - Ratificación do Decreto de Alcaldía 120/2025, de 14 de abril, relativo á aprobación da modificación do proxecto técnico “ Humanización de la rúa do Carme, Negreira” POS +2025.(Expediente: 2025/G003/000131).
Terceiro.- Ratificación do Decreto de Alcaldía 121/2025, de data 14 de abril, relativo á aprobación da modificación do proxecto técnico “ Red de saneamiento en los núcleos de Cancelo y Trians en Cobas (Negreira) “ POS +2025. (Expediente: 2025/G003/000132).
Cuarto.- Ratificación do Decreto de Alcaldía 136/2025, de data 30 de abril, relativo á aprobación da modificación do proxecto técnico “Aglomerado VP Aro-Pedralonga” POS +2025. (Expediente: 2025/G003/000156).
Quinto.- Ratificación do Decreto de Alcaldía 137/2025, de data 30 de abril, relativo á aprobación da modificación do proxecto técnico “Aglomerado VP Chancela_DP1302” POS +2025. (Expediente: 2025/G003/000157).
Sexto.- Ratificación do Decreto de Alcaldía 125/2025, de 22 de abril relativo á corrección de erros no expediente de licitación do servizo de atención temperá (SAT) (Expediente: 2025/G003/000133).
Sétimo.- Ordenanza reguladora das condicións de uso de espazos, locais e instalacións municipais do Concello de Negreira (Expediente: 2025/G013/000002).
Oitavo.- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de actividades deportivas e culturais municipais (Expediente: 2025/G016/000001).
Noveno.- Ordenanza fiscal reguladora do uso dos espazos locais e instalacións municipais do Concello de Negreira (Expediente: 2025/G016/000002).
Décimo.- Rogos e preguntas.