OUTONO DAS ARTES – A CULTURA É UN DEREITO
O Concello de Negreira contará neste segundo semestre con catro actuacións dentro de Outono das Artes da Deputación de A Coruña , dende o Departamento de cultura , sinalan a calidade e variedade na programación desta campaña.
O sábado 20 de setembro inagurase con TromsØ da compañía Morraoconto unha reflexión en clave de humor dende a perda cunha posta en escea que non deixara indiferente a nadie , o venres 3 de outubro Blues de Medianoite de Laboratorio escénico , exercicio multidisciplinar de Danza,Música e Teatro para que afloren os sentidos , sábado 25 de outubro Nanai da china de Pérez&Fernández, espéctaculo de monicreques gañador do Maria Casates no 2024 nesta categoria e o venres 12 de decembro As Desterradas de Produccións Excéntricas , a obra de Carme Varela maxistralmente dirixida por Quico Cadaval sobre a resistencia das monxas a xerarquía eclesiática no século XVI .
Todalas funcións faránse no Auditorio Afonso Eanes do Cotón coa venda de entradas en www.woutick.es ou na oficina de cultura cos prezos de 3€ entrada xeral para todos.