Obradoiro Dual de Emprego «Valora 2026»

Obradoiro de Emprego Dual «Valora 2026»

O Concello de Negreira, en calidade de promotor e en colaboración cos concellos da Baña, Val do Dubra e Santa Comba, resultou beneficiario dunha subvención de 454.552,00 € para a posta en marcha dun obradoiro dual de emprego. 

Esta axuda foi concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o desenvolvemento do proxecto formativo denominado VALORA 2026

A iniciativa ofrecerá formación a un total de 20 alumnos-traballadores nas seguintes especialidades: 

  • EOCB0208: Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (12 alumnos). 
  • SEAG0209: Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (8 alumnos). 

O programa contará cun cadro docente integrado por 1 director, 2 mestres de especialidade e 1 docente de apoio (titor), cunha duración total de 9 meses. 

O prazo de inscrición finalizará o vindeiro mércores, 23 de setembro, ás 14:00 horas. As solicitudes poderán presentarse na Oficina de Emprego de Santiago Norte ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia. 

A data prevista para o inicio do proxecto é o 15 de outubro de 2026. Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar cos departamentos de emprego dos concellos colaboradores (A Baña, Val do Dubra e Santa Comba) ou co concello promotor (Negreira).