O Concello recepciona os fondos de Ceibar

O Concello recepciona os fondos de Ceibar

Complácenos anunciar que o Concello vén de recepcionar os fondos procedentes do Centro de Estudos e Investigacións Barcaleses (CEIBAR), que se atopaban en dependencias do instituto Xulián Magariños.

O alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez cando aos portavoces do Partido Popular, Rubén Suárez Carballo e do Bloque Nacionalista Galego, José Ramón Blanco Torre recepcionaron os fondos entregados polo que foi director do IES, Adelino Pose Reino e vicedirector, X. Amancio Liñares Giraut cando foi creado este espazo no ano 2011 coincidindo co 30 aniversario do ensino público na comarca de Barcala.

O Concello de Negreira decidiu incorporar os fondos de Ceibar ó patrimonio bibliográfico municipal, facilitando que que exista un espazo para a memoria, consulta e estudos locais dos concellos de Negreira e A Baña. Vaise proceder á catalogación dos fondos que van estar ao servizo do alumnado, investigadores e veciñanza, coa idea que irá agrandándose con novas incorporacións de materiais diversos, con especial atención ás publicacións de autores da comarca de Barcala.