Nicrafolk 2024
O festival Nicrafolk trae para este ano un cartel excepcional que promete facer as delicias dos amantes da música tradicional galega.
O evento terá lugar o sábado 3 de agosto, no Patio do CEIP O Coto a partir das 21:00 horas, onde se presentarán tres grandes expoñentes da música folk: Tres Pesos, Xurxo Fernandes, e De Ninghures.
Tres Pesos
Trío conformado por Felisa Segade, Xoán Porto, e Xosé Antón Ferreira. Estes músicos son tres caras da mesma moeda e foron piares fundamentais na escena cultural, formando parte de proxectos tan destacados como Leilía e Brincadeira.
Xurxo Fernandes
Desde a súa temperá formación no baile e canto tradicional, Xurxo Fernandes percorreu as aldeas de Galicia en busca das raíces máis profundas da nosa música. O seu enfoque único mestura estas sonoridades con influencias sefardíes, creando un estilo inconfundible
De Ninghures
Son a gran revelación da música folk galega dos últimos tempos grazas ao seu tema "Morena" no que aportan enerxía e talento.
O festival tamén contará cunha foliada local como antesala aos concertos principais. Desde as 19:30 horas, os asistentes poderán gozar das actuacións da Escola Municipal de Pandeireta, Os Garuleiros e a Sociedade Cultural e Folclórica "Veiga do Cotón".