Negreira presenta un atractivo programa deportivo para este Nadal

Nadal deportivo Negreira

Unha ducia de actividades conforman un completo programa deportivo do Nadal 2024/25 en Negreira, ao longo de varias semanas, entre o 21 de decembro e mailo 10 de febreiro de 2025.

Torneos deportivos, excursións, e a Campaña da Neve da Deputación de A Coruña, son algúnhas das actividades previstas para estos meses de inverno.

A primeira das actividades será o Torneo de Xadrez, o xoves 19 de decembro, tamén destaca o Torneo de Tenis de mesa, que despois duns anos chega a Negreira para promocionar unha actividade que volve a estar dentro da programación das Escolas Deportivas Municipais.

VI Carreira do Turrón

O último sábado do ano vaise a celebrara a Carreira do Turrón - dunha distancia de 4 quilómetros-, con saída ás 17:00 horas dende o CEIP O Coto, antes a partir das 16:30 h terán lugar as Carreiras de Escolares con distancias de 100 m. e 800 m.

Mini- Campus de Baloncesto

Os días 2, 3 e 7 de xaneiro terá lugar o Campus de Baloncesto de Nadal no Pavillón de Pedra Mámoa, unha boa ocasión para non perder o contacto co balón ou iniciarse nesta disciplina.

XIII Gala do Deporte

O Concello de Negreira promove a súa «Gala do Deporte», a celebrarse o venres día 7 de febreiro, dende as 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural. Antes, un xurado deberá definir quenes van ser os galardoados correspondentes ó ano 2024, estando composto por un representante de cada un dos sete clubes federados existentes no noso concello, xunto co técnico de Deportes, o director de Radio Negreira, e maila concelleira de Deportes, esta última con voz pero sen voto.

Relación de premios:

1. Mellor deportista do ano 2024

2. Mellores deportistas promesas do 2024 (masculino e feminino)

3. Mellor equipo ou clube do ano 2024

4. Recoñecemento á traxectoria deportiva

5. Recoñecemento ó patrocinador, ou colaborador co deporte

6. Recoñecemento a clubes pola súa antigüidade

7. Recoñecemento especial do xurado