Negreira envórcase co 25N

Negreira envórcase co 25N

Con motivo do 25 de novembro, este ano contamos cunha programación completa. Ademais da iluminación da fachada da Casa do Concello en cor morada e da colocación da pancarta na fachada da Casa da Cultura, realizaranse as seguintes propostas:

  • Venres, 21 de novembro, ás 21 horas.

Teatro coa obra: “Sen lingua”, dentro do Outono Cultural. Representación no auditorio Afonso Eanes do Cotón. As entradas pódense conseguir na plataforma woutick.es e na Oficina de Cultura (de luns a venres). Prezo: 5€

  • Sábado, 22 de novembro, ás 10 horas

XII Andaina “Negreira camiña contra a violencia de xénero”. Saída dende o Centro Sociocultural polos paseos fluviais ata o Refuxio de Cobas e volta cara a vila. Lectura dun manifesto diante do Concello. É necesario anotarse previamente para ter unha previsión. Nos teléfonos: 881 035 154 e 881 035 155, ou presencialmente nas oficinas do CIM.

  • Martes, 25 de novembro, ás 12.30 horas

Faladoiro en Radio Negreira sobre a violencia de xénero

  • Xoves, 27 de novembro

Contacontos no colexio O Coto para alumnado de sexto de Primaria co título: “Hai saída grazas a ti”.

Desde o Centro de Información á Muller (C.I.M.) queremos darlle visibilidade e concenciar á poboación para loitar, día a día, contra esta lacra que afecta á nosa sociedade.