Negreira destina 240.534 euros a obras do POS+ e 310.162 a gasto corrente
O Pleno extraordinario e urxente da Corporación municipal aprobou este mércores, o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos), por un importe de 560.557€ para o POS+2024. Tamén se aprobou o Plan complementario e o plan para financiar gastos sociais extraordinarios. Este último reserva unha partida de 88.617€.
O goberno municipal decidiu repartir os fondos do Plan de Obras e Servizos, que financia a Deputación da Coruña en dúas partidas. A primeira, de 310.162 euros está destinada a gastos correntes e, unha segunda para financiar obras dun importe de 240.534€, cos votos favorables de todos os representantes políticos. Os proxectos que se inclúen son: Aglomerado de vial municipal dende a estrada AC-447 ata Portor, por 151.575 euros, e Rede de saneamento e estación de bombeo de augas residuais no lugar de A Abeanca, por 88.958 euros.
Na sesión plenaria, tamén por unanimidade, aprobáronse os proxectos do Plan complementario 2024: Aglomerado vía de Aro a Pedralonga (142.864€); aglomerado vías en A Chancela, avenida de Santiago e vial en Cobas (52.553€); humanización rúa do Carme (323.960); aglomerado vía pública de A Chancela á estrada DP-1302 (74.375); aglomerado vía dende Pesadoira a límite con Mazaricos (105.703); rede de saneamento no lugar de Cobas (161.122€), e o proxecto de construcción de beirarrúa dende Negreiroa ao cemiterio novo.
E co voto favorable do PSdeG-PSOE e o concelleiro do BNG, e coa abstención do Partido Popular, aprobouse o informe de auditoría do Plan de Acción polo Clima e a enerxía sostíbel.