Negreira albergará o Campionato Comarcal de Campo a Través Escolar

Negreira albergará o Campionato Comarcal de Campo a Través Escolar

Un total de 10 centros escolares de Ames, Mazaricos, Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Zas e Negreira participarán o vindeiro xoves 16 de xaneiro no Campionato Escolar Zonal de Campo a Través, nun circuito marcado na explanada do IES Xulián Magariños, nunha proba organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través da Agrupación Deportivas Escolarix coa colaboración do Concello de Negreira.

Estarán presentes nenos e nenas de categoría benxamín (2017-2016), Alevín (2015-2014), Infantil (2013-2012) e Cadete (2011-2010).

As distancias e horarios son os seguintes:

Ás 11:00 h. Benxamín fem.: 500 m. (1 volta circuito)

Ás 11:10 h. Benxamín masc.: 500 m. (1 volta circuito)

Ás 11:20 h. Alevíns fem.: 1000 m. (2 voltas circuito)

Ás 11:30 h. Alevíns masc.: 1000 m. (2 voltas circuito)

Ás 11:45 h. Infantil fem.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 12:00 h. Infantil masc.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 12:15 h. Cadete fem.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 12:35 h. Cadete masc.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 13:00 h será a entrega de medaias para os participantes, sendo premiados os tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina.

Os mellores clasificados individuais e os mellores equipos participarán na seguinte Fase Intercomarcal de Campo a Través.