Multitudinario Entroido barcalés 2025

Nicra Olimpiadas e A Chainasa explora a galaxia, as grandes triunfadoras canda á comparsa Nicradance que levouse un segundo de comparsas e o terceiro de carrozas, respectivamente. As sojras sairon do jaliñeiro leváronse o primeiro en grupos
Máis de seiscentas persoas participaron no xenuino desfile e concurso do Entroido barcalés con suculentos premios económicos e que este 2025 superou as expectativas máis optimistas, a pesar do frío reinante pola acción dos fortes ventos do nordés.
Máis dunha vintena de participantes nun desfile con comparsas de calidade que non puxéronllo doado ao xurado desta edición.
Disfraces individuais e parellas
1º Vaia par de espantallos (Noia)
2º Mini Greasse (Brión)
3º Ricas filloas para encher as barrigolas (Negreira)
Grupos medianos
1º As sojras sairon do jaliñeiro (Negreira)
2º Bufonada real (Ordes)
3º Os miudiños (Pesadoira)
Grupos locais
1º Peta, peta pandeireta
2º Barcala na feira do Cotón
3º A feira de Rufito
Carrozas
1º A chainasa explora a galaxia (Trazo)
2º Cotón Stadium (Negreira)
3º Había unha vez un circo (Negreira)
4º Os kínder tocaghuevos (Negreira)
Comparsas
1º Nicra Olimpiadas
2º Os paiasos da tele
3º Os kínder tocaghuevos
4º Os Remolóns
Premio Juan Varela á mellor copla
Peta, peta pandeireta