MELLORAMOS O ACCESO A PORTOR

MELLORAMOS O ACCESO A PORTOR

 O Concello de Negreira executou o aglomerado en quente da vía municipal entre a estrada autonómica AC-447 e a parroquia de de Portor, cun investimento de 116.000 euros mediante fondos do Plan de Obras POS+2024. Tratábase dunha vella demanda veciñal polo deterioro do firme do vial de acceso a Portor. 

MELLORAMOS O ACCESO A PORTOR  2

 Dentro do Plan de Obras 2024 (POS+2024), está pendente a execución do proxecto da rede de saneamento e estación de bombeo de augas residuais do lugar de Abeanca. O orzamento é de 69.000 euros. E en fase de avaliación áchase o proxecto de aglomerado na Chancela, avenida de Santiago e vial en Cobas, por 43.000 euros, dentro do Plan Adicional, así como a adquisición dun tractor para tarefas medioambientais dentro do Fondo de Compensación Ambiental por un importe de 57.600 euros. 

O Concello ten pendente de adxudicación un terceiro proxecto: o Plan Camiña Rural, da Consellaría do Medio Rural por valor de 70.000 euros para a mellora de camiños en Babión e Campolongo.  

MELLORAMOS O ACCESO A PORTOR  3

O Concello vén ademais de acometer a instalación dunha bancada para o público na pista de tenis do Complexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, despois da completa mellora acometida co arranxo das tres canchadas de xogo.