Listaxe provisional do Campamento Urbano Respira
O Concello de Negreira publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no Campamento Urbano Respira 2026. As persoas admitidas deberán aboar a cota correspondente á quenda solicitada, conforme ás tarifas establecidas na Ordenanza reguladora do prezo público do Programa Concilia 2026 do Concello de Negreira (BOP nº 94, do 21 de maio de 2026).
Tarifas por quendas
1ª quenda (6 días): 42 €
2ª quenda (10 días): 70 €
3ª quenda (12 días): 84 €
4ª quenda (10 días): 70 €
5ª quenda (11 días): 77 €
6ª quenda (6 días, ata o 8 de setembro): 42 €
Reducións aplicables
As reducións previstas son as seguintes:
Redución por causas sociais, acreditadas mediante informe social emitido polo Departamento de Servizos Sociais.
Redución por irmáns: cando varios irmáns asistan simultaneamente ao mesmo servizo, o segundo irmán e os sucesivos terán unha bonificación do 50 % da cota.
Contas bancarias para o pagamento
O ingreso poderá realizarse en calquera das seguintes contas:
Banco Sabadell
ES15 0081 2153 2400 0104 6411
Banco Santander
ES42 0238 8191 8806 6000 0870
Presentación do xustificante de pagamento
Unha vez efectuado o ingreso, será necesario presentar o resgardo de pagamento a través do Rexistro Xeral do Concello de Negreira ou da Sede Electrónica municipal, co fin de incorporalo ao expediente correspondente.
No concepto da transferencia recoméndase indicar o nome e apelidos da persoa participante e a quenda para a que realiza o pagamento.
Para calquera aclaración ou información adicional, as persoas interesadas poden dirixirse aos servizos municipais.