Lanzamento do colector marrón e novas entregas de composteiros

Composteiro

O Concello de Negreira dá un paso máis cara a unha mellor xestión sostible dos residuos coa posta en marcha de novas iniciativas centradas nos biorresiduos. O programa de compostaxe doméstica contará con varias sesións formativas e entregas de composteiros, mentres que o novo servizo do colector marrón estará operativo a partir do 16 de decembro.

Colector marrón

O novo servizo de colector marrón comezará a funcionar o 16 de decembro. Este colector está deseñado para recoller exclusivamente restos orgánicos, como cascas de froita, restos de comida ou podas pequenas. A materia orgánica recollida será tratada para producir compost, un abono natural que axudará a reducir a pegada de carbono e os custos de xestión de residuos.

A veciñanza interesada en participar no uso do colector marrón pode solicitar un cubo individual e un chaveiro para acceder aos colectores. Recoméndase separar correctamente os residuos orgánicos e evitar depositar materiais plásticos, aceites ou outros elementos que non sexan biodegradables.

Entrega de composteiros

Para aquelas persoas que dispoñan dun terreo e desexen transformar os seus residuos orgánicos en compost de calidade, o Concello organiza as seguintes sesións formativas con entrega de composteiros de balde:

•         Sábado 14/12/2024, 11:30h: Escola de Pesaduira

•         Sábado 14/12/2024, 17:30h: Escola de Liñaio

•         Sábado 21/12/2024, 11:30h: Teleclub de Landeira

•         Sábado 21/12/2024, 17:30h: Local de Broño

Os composteiros serán entregados exclusivamente durante estas sesións formativas. As prazas son limitadas e será necesario inscribirse previamente en: negreira.rsu.gal.

Postos informativos sobre a xestión dos biorresiduos

Para resolver dúbidas e informar sobre a compostaxe doméstica e o uso do colector marrón, instalaranse postos informativos os seguintes días:

•         Domingo 08/12/2024: Pazo do Cotón (fronte á capela).

•         Domingo 15/12/2024: Pazo do Cotón (fronte á capela).

•         Domingo 22/12/2024: Praza do Concello (entrega de composteiros).

Estas accións están financiadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Para máis información, inscricións ou consultas, pode contactar co Concello de Negreira a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico: residuos@concellodenegreira.gal.