IV CONCURSO FOTOGRÁFICO DO DÍA DA MULLER RURAL
O Concello de Negreira promove o IV Concurso fotográfico “Día da Muller Rural de Negreira”, co gallo da celebración o vindeiro día 15 de outubro do Día Internacional da Muller Rural. A finalidade do certame é reivindicar o papel da muller no mundo rural, buscándose fotografías que incidan no concepto de orgullo da realidade rural das mulleres de Negreira.
O obxectivo é facer partícipes ás persoas para que fagan chegar as súas instantáneas, nas que as mulleres deben ter un papel protagonista, con especial atención a aquelas fotografías que plasmen as actividades de agricultura e gandería, así como aquelas outras que se enmarquen dentro do ámbito rural.
O prazo para presentar as instantáneas será do 1 ao 10 de outubro de 2025 (ata as 23.59 horas) e deberán ser enviadas ao correo: cim@concellodenegreira.es. O fallo do xurado será publicado na web do Concello de Negreira antes do día 13 de outubro.
As persoas interesadas en participar poderán facelo en dúas categorías:
- Maiores (de 18 anos en diante)
- Rapazada (menores de 18 anos).
O premio será un vale de 100 € para cada unha das categorías para compras no comercio local do Concello de Negreira.
A continuación, publícanse as bases que rexerán o concurso, así como os demais documentos necesarios para a participación