Intenso Nadal Deportivo 2025
Unha ducia de actividades conforman un completo programa deportivo do Nadal 2025/26 en Negreira, ao longo de varias semanas, entre o 14 de decembro e mailo 10 de febreiro de 2026.
Torneos deportivos, excursións, e a ruta de sendeirismo, son algúnhas das actividades previstas para estos meses de inverno.
A primeira das actividades será o torneo de tenis de mesa, o domingo 14 de decembro, tamén destaca o torneo xadrez, que xa é un clásico da programación nestas datas, ou o torneo de tenis de inverno, promovido polo club tenis Negreira nas pistas de Pedra Mámoa.
VII Carreira do Turrón
O último sábado do ano vaise a celebrara a Carreira do Turrón - dunha distancia de 4 quilómetros-, con saída ás 17:00 horas dende o CEIP O Coto, antes a partir das 16:30 h terán lugar as Carreiras de Escolares con distancias de 100 m. e 800 m.
Mini- Campus de Baloncesto
Os días 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro terá lugar o Minicampus de Baloncesto de Nadal no Pavillón de Pedra Mámoa, unha boa ocasión para non perder o contacto co balón ou iniciarse nesta disciplina.
XIV Gala do Deporte
O Concello de Negreira promove a súa «Gala do Deporte», a celebrarse o venres día 6 de febreiro, dende as 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural. Antes, un xurado deberá definir quenes van ser os galardoados correspondentes ó ano 2025, estando composto por un representante de cada un dos sete clubes federados existentes no noso concello, xunto co técnico de Deportes, o director de Radio Negreira, e maila concelleira de Deportes, esta última con voz pero sen voto.
Relación de premios:
1. Mellor deportista do ano 2025
2. Mellores deportistas promesas do 2025 (masculino e feminino)
3. Mellor equipo ou clube do ano 2025
4. Mellor evento deportivo 2025
5. Recoñecemento ó patrocinador ou colaborador co deporte
6. Recoñecemento á traxectoria deportiva
7. Recoñecemento especial do xurado