Inscricións para o Concilia Semana Santa

Concilia semana santa

O Concello de Negreira abre o prazo de inscrición para o programa Concilia Semana Santa, que terá lugar no Centro Sociocultural os días 30 e 31 de marzo, e o 1 e 6 de abril. O servizo funcionará en horario de 8:30 a 14:30 horas, facilitando a conciliación das familias durante o período non lectivo mediante actividades lúdicas e educativas.

As inscricións poderán realizarse do 12 ao 18 de marzo a través da sede electrónica municipal ou no rexistro do Concello, e dado que as prazas son limitadas, recoméndase facer o trámite canto antes para asegurar a participación.

Para máis información ou consultas, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 881 035 154 ou 881 035 155.