Gala final do certame musical NovaNicra

Certame de música xuvenil

O Auditorio Afonso Eanes do Cotón acolle este sábado, día 30 de novembro, ás 19.00 horas, a gala final do Certame de música xuvenil en galego "NovaNicra", organizado pola Asociación Cultural Gazafellos do Val, coa colaboración do Concello de Negreira. A entrada é de balde.

Bandas finalistas

Trátase de “esTilos”, chegados do concello de Teo; “Raquel Ardao”, de Ames e, dende Negreira chegan “Os avós do mañá”. Para participar, tiveron que compoñer unha canción propia en galego ou musicalizar un poema.

Na final interpretarán en directo as cancións finalistas, e o xurado decidirá quen é o gañador/a, que levará como premio a gravación da canción nun estudo profesional, e a realización dun videoclip.

O xurado está integrado por: Pilar Martínez; Diego Castro; Diego Vieito e Lidia Caamaño. O acto estará conducido polo actor e mago, Iván Tourís.