Festas de San Cristovo 2024

San Cristovo.jpg

O programa das festas de verán de Negreira deste ano terá lugar desde o xoves 11 ata o domingo 14 de xullo ofrecendo unha ampla variedade de actividades e eventos para todos os públicos. Polo tanto voltarán as múltiples atraccións e postos de venda ambulante a zona da Rúa Castelao e a súa prolongación ata o IES Xulián Magariños que permanecerán pechadas ao tránsito de vehículos ata o remate das festas.

 

A pesar destas restricións, a zona próxima ao centro médico estará habilitada ao paso para asegurar o acceso ao Punto de Atención Continuada por si fora preciso a entrada de ambulancias e vehículos que o precisen por urxencia, garantindo así a atención sanitaria aos cidadáns.

 

Xoves 11 de xullo:

A inauguración das festas comezará cunha verbena a cargo da Orquestra Cinema, coñecida por ser unha das máis dinámicas e populares de Galicia. Ademais, a noite estará amenizada pola disco móbil CDC, que promete manter o ambiente festivo ata altas horas da madrugada.

 

Venres 12 de xullo:

A xornada do venres arrincará cun pasacalles a cargo do grupo Os Garuleiros, que percorrerá as principais rúas do municipio. Pola noite, a verbena contará coas actuacións da Orquestra Gran Parada e o Grupo Fussion, que ofrecerán un repertorio variado para todos os gustos.ç

 

Sábado 13 de xullo:

O sábado comezará con outro pasacalles do grupo Os Garuleiros. Posteriormente, celebrarase a tradicional concentración de vehículos que este ano como novidade que partirá do campo de fútbol Jesús García Calvo, onde se espera unha numerosa participación. Ás 12:00 horas, oficiarase unha misa solemne no pavillón de Pedra Mámoa e, a partir das 13:30 horas, levarán a cabo a procesión motorizada organizada pola Asociación de Transportistas de Negreira, que promete ser un dos eventos máis destacados. A xornada concluirá cunha espectacular verbena a cargo da Orquestra La Fórmula e a disco móbil Fabrik, con DJ Javi Machito, ofrecendo unha boa combinación de música e entretemento.

 

Domingo 14 de xullo:

O peche das festas será o domingo cun concerto da Banda de Música Ateneo de Negreira, que se celebrará a partir das 19:00 horas na Praza do Concello. Este evento será o broche de ouro a unhas festividades cheas de música e tradición.

 

Organiza: Asociación de Festexos de Negreira.

Colaboran: Concello de Negreira e Deputación da Coruña.