Expropiación de terreos para sendas peonís

expropiacion de terreos para sendas peonis

A Deputación da Coruña fixo público os titulares afectados por unha expropiación forzosa para construir dúas sendas peonís en itinerarios provinciais como son a DP-5602 (Negreira a Pontenafonso), íntegramente na zona de Negreiroa e maila DP-1302 (Negreira a Urdilde), no treito entre A Abeanca e a Ponte Ínsua.

En total son 48 fincas afectadas entre as dúas sendas, cuxos propietarios serán notificados por carta nos vindeiros días, se ben a relación de titulares afectados pódese comprobar no Boletín Oficial da Provincia deste luns día 4 de maio.

Deberán comparecer o martes 10 de xuño, no Concello de Negreira, en horario de 10:30 a 10:45 horas, ben persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade como Documento Nacional de Identidade, Tarxeta do Número de Identificación Fiscal e o último recibo do Imposto sobre Bens Inmóveis, podendo facerse acompañar á súa costa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

A partir de hoxe hai quince días naturais para presentar alegacións mediante un período de información pública, a fin de que as persoas interesadas poidan formular por escrito, as alegacións que estimen pertinentes ante a Deputación da Coruña.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/05/05/2025_0000002673.pdf