Exposición pública da liña de evacuación do parque eólico Alvite II
A Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, mediante un acordo do 23 de febreiro de 2024, somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de infraestruturas de evacuación do parque eólico Alvite II (antes: solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Alvite e Alvite II) nos concellos de Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2020/161).
O solicitante e promotor é Green Capital Power S.L., e o orzamento previsto é de 2.141.466 euros, cun prazo de execución de sete meses.
O prazo de exposición pública é de trinta (30) días contados a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), de hoxe venres, día 22 de marzo de 2024.
A documentación estará a diposición das persoas interesadas na Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, de luns a venres, das 9:00 ás 14:00 horas, así como nas sedes dos concellos de Negreira e Mazaricos.
Ademais, tamén se poderá consultar na web a través da seguinte ligazón: