Estrea do espectáculo: Coa cabeza nas nubes

coa_cabeza

O auditorio Afonso Eanes do Cotón acolle este venres 9 de maio a estrea do espectáculo “Coa cabeza nas nubes”, da compañía Söa, que estivo a facer unha residencia artística na nosa vila. O primeiro pase está programado para as 12:50 horas e está dirixido a estudantes de 2º e 3º da ESO do IES Xulián Magariños. Pola noite, ás 21:00 horas celebrarase a función para o público xeral.

A peza explora o paso do tempo e a perda da xuventude a través dunha linguaxe artística que mestura danza, clown e música. Abórdanse temas universais como o xogo, a memoria e o esquecemento desde unha perspectiva que pretende conectar co público xuvenil e adulto.

A representación é un traballo conxunto da bailarina, artista circense e coreógrafa Paula Quintas, coa asesoría de Arturo Cobas.

Ficha artística:

• Creación e interpretación: Martín Blanco e Carlota Rosón
• Dirección: Paula Quintas
• Asesoría artística: Arturo Cobas
• Creación musical: Elba Souto
• Iluminación: Violeta Martínez
• Fotografía: Catarina Lobo

Entradas á venda en www.woutick.es ou na Delegación de Cultura. Prezo: 2,50€