Encontro “As 3 Negreira de Galicia”
O Concello da Estrada é este ano o organizador do encontro de irmandade entre os tres municipios de Galicia que contan con lugares chamados Negreira. O noso concello, Santa Comba e A Estrada.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono convidou aos representantes municipais de Negreira e Santa Comba, ao acto de irmandade “con motivo da exclusividade do seu topónimo”, a celebrarse o sábado, día 20 de decembro, ás 12:00 horas no lugar de Negreira, parroquia de San Miguel de Barcala (A Estrada). En caso de mal tempo pasaríase a celebrar no local social.
Trátase dunha inciativa que xurdiu do escritor e historiador, X. Amancio Liñares Giraut, quen propuxo ao Concello de Negreira levar a cabo un primeiro encontro no mes de setembro de 2024 no que participou o filólogo, Fernando Cabeza Quiles, quen aludiu ao falso xentilicio “nicrariense”, pois lembrou que no ano 1005 un monxe recreou a traslatio dende Dugium, a actual Fisterra, dos restos do apóstolo Santiago, que terían pasado por unha localidade identificada como Portus Nicrariae, pero non Nicraria.