Cortes de trafico polas festas de San Cristovo
A vila de Negreira mergúllase desde o xoves 11 de xullo e ata o domingo día 14 nas súas festas de verán na honra a San Cristovo e faino con tres días de verbena que obrigarán a modificar o tránsito de vehículos polo casco urbano.
Así, informase de que desde o mércores permanecerán cortados ao tráfico os accesos rodados á Praza do Concello, polo que recoméndase a residentes e veciños que non estacionen en todo o recinto, reservado para a montaxe de escenarios e demais infraestruturas.
Para as atraccións reservouse a segunda parte da rúa de Castelao e a contorna do instituto. A circulación quedará restrinxida ata o luns, excepto para as urxencias sanitarias, a Garda Civil e os veciños residentes dos bloques de edificios da zona.
As festas vivirán o seu día grande o sábado, dedicado a San Cristovo, patrón dos condutores, que ten como actividade máis destacada a procesión motorizada que organizan os integrantes da Asociación de Transportistas de Negreira.
Desde ese colectivo, confirman que será a participación máis alta dos últimos anos, e tras o percorrido polas rúas da vila, dirixiranse cos seus vehículos ata área recreativa de Cobas para celebrar unha comida de confraternidade. A procesión motorizada este ano parte por primeira vez da zona de Pedra Mámoa, comezará tras a misa do mediodía, e obrigará a efectuar cortes de tráfico ata a súa conclusión.