Coñece o teu Concello
O alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez e a primeira tenente de alcalde, Teresa Duro Leis, recibiron no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de mozos e mozas, estudantes de 3º e 4º de Secundaria, pertencentes ó instituto Xulián Magariños e participantes no programa “Coñece o teu Concello”.
O alcalde explicou aos participantes que o obxectivo é achegar o funcionamento da administración municipal, a importancia do traballo que se realiza todos os días desde o Concello para garantir a prestación de servizos esenciais e, atender ás persoas con necesidades, así como promover a cultura e o deporte.