Conciliación familiar durante o Entroido
O Concello de Negreira segue a impulsar medidas para compatibilizar a vida familiar e a laboral, así como polo benestar dos nenos e nenas do municipio, coa posta en marcha dunha nova edición do programa Concilia Entroido.
Esta iniciativa desenvolverase entre os días 16 e 18 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas, e terá lugar no Centro Sociocultural. O programa está deseñado para ofrecer un espazo seguro e educativo durante o período non lectivo do Entroido, facilitando así a organización das familias.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 12 ao 20 de xaneiro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos 881 035 154 e 881 035 155, mediante a sede electrónica municipal ou de forma presencial nas oficinas do Concello de Negreira.
Terán prioridade nas inscricións as persoas empadroadas no Concello de Negreira.