COMEZA O VERÁN DEPORTIVO

A Concelleira de Deportes Maria del Mar García e o Concelleiro Adolfo Barbosa presentaron o programa de actividades deportivas para este verán, dirixido a tódolos públicos e cunha oferta variada que busca fomentar a participación e o exercicio físico durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro.
O programa, deseñado polo departamento de deportes, inclúe disciplinas como fútbol, baloncesto, natación e sendeirismo, ademais de actividades específicas para os máis novos, como talleres deportivos e xogos populares.
As actividades levaranse a cabo en diferentes instalacións municipais, como o polideportivo, as piscinas e diversos roteiros naturais da contorna. Haberá, ademais, diversos Campus Deportivos específicos como o “Basket Training Days”, “Clínic de Tenis” e tamén karate. As inscricións para participar nestas actividades xa están abertas e poden realizarse no departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura.
O departamento de deportes, ofrece espazos de encontro e diversión para persoas de tódalas idades. Ademais, a iniciativa conta coa colaboración de varias entidades locais que achegarán recursos e voluntarios para asegurar o bo desenvolvemento de todas as actividades.Tamén destacan as propostas dos clubes locais con iniciativas durante estos meses estivais.
Con esta oferta, Negreira reafirma o seu compromiso co benestar e a súa aposta por un verán activo e participativo, onde o deporte e a convivencia serán os protagonistas.
Actividades destacadas:
- 𝗧𝗼𝗿𝗻𝗲𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝗲𝗻𝗶𝘀. Do 7 ao 13 de xullo (Pedra Mámoa)
- 𝗩 𝗢𝗽𝗲𝗻 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗣𝗲𝘁𝗮𝗻𝗰𝗮. Sábado 9 de agosto (Cobas)
- 𝗧𝗿𝗼𝗳𝗲𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼 𝗱𝗲 𝗙𝗶𝘀𝘁𝗲𝗿𝗿𝗮 𝗲 𝗠𝘂𝘅𝗶́𝗮. Xoves 14 de agosto (Cepelo)
- 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗣𝗲𝗱𝗲𝘀𝘁𝗿𝗲 𝗱𝗼 𝗥𝗼𝗺𝗮́𝗻𝗶𝗰𝗼. Sábado 23 de agosto
- 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗮𝘂𝗴𝗮. Xoves 28 de agosto (O Coto)
- 𝕎𝕒𝕜𝕒𝕦 𝕌𝕣𝕓𝕒𝕟 𝔽𝕖𝕤𝕥. Sábado 30 de agosto (O Coto)
- 𝗫𝗩𝗜𝗜𝗜 𝗗𝗶́𝗮 𝗱𝗮 𝗯𝗶𝗰𝗶𝗰𝗹𝗲𝘁𝗮. Sábado 13 setembro
- 𝗧𝗼𝗿𝗻𝗲𝗼 𝟯𝘅𝟯 𝗯𝗮𝘀𝗸𝗲𝘁. Sábado 13 setembro (O Coto)
- 𝗥𝘂𝘁𝗮 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗻𝗱𝗲𝗶𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼. Sábado 27 setembro