Cinco profesionais de Atención Temperá axudarán en Valencia
Dende a Generalitat Valenciana puxéronse en contacto coa Unidade de Atención Temperá dos concellos de Negreira e Val do Dubra, solicitando axuda psicóloxica e pedagóxica de cara a poboación de menores con diversidade funcional polo que as nosas terapeutas comunicáronse co equipo de goberno e despois de informárnos da situación, non se dubidou en dar todo o apoio a esta iniciativa para que poidan viaxar esta fin de semana a Valencia.
Van ser cinco profesionais do servizo municipal de Atención Temperá especializadas en psicoloxía, pedagoxía e terapia da linguaxe, que emprenderán a viaxe este sábado 9 de novembro. Permanecerán alí, ata o mércores 13 de novembro e estarán prestando o seu apoio nos municipios de Torrent e Paiporta, dúas das localidades máis afectadas polos efectos da DINA.
Trátase dunha operación que estará coordinada en todo momento dende a Generalitat Valenciana e a Xunta de Galicia.
Queremos agradecer ás familias usuarias da Unidade de Atención Temperá a súa boa disposición, xa que apoiaron e amosaron a súa solidadridade dende un primeiro momento a esta iniciativa. Cómpre salientar que aquelas familias que precisen apoio neste tempo contan con servizos mínimos na Unidade de Atención Temperá.