Ampliación de horario nas festas de Aninovo, Noiteboa e Reis
O Concello de Negreira vén de aprobar, mediante decreto da Alcaldía, a ampliación en dúas horas do horario ordinario de peche dos locais de hostalaría, así como da finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, con motivo das celebracións das festas de Nadal, Aninovo 2026 e Reis.
Esta medida, adoptase atendendo ás demandas da veciñanza, aplicarase nas noites do 25 ao 26 de decembro de 2025 (Noiteboa), do 31 de decembro ao 1 de xaneiro de 2026 (Aninovo) e do 5 ao 6 de xaneiro de 2026 (Reis).
A ampliación horaria realízase ao abeiro do disposto na Lei 10/2007, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e da Orde do 23 de outubro de 2020, que regula os horarios de apertura e peche dos establecementos abertos ao público. De acordo coa normativa vixente, os concellos poden autorizar, en períodos festivos sinalados, unha ampliación máxima de ata dúas horas sobre os horarios xerais establecidos para cada categoría de local, garantindo en todo momento o cumprimento das normas en materia de contaminación acústica.