Abrimos inscricións do Campamento urbano Respira
O Concello de Negreira abre este martes 14 de maio, o prazo de inscrición para o seu campamento de verán, o Campamento urbano Respira a desenvolverse nas instalacións do CEIP O Coto e que está dirixido a familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 12 anos. As prazas son limitadas.
Requisitos de acceso ó servizo (poderán acceder o mesmo sempre que cumpra os dous requisitos) :
−Familias empadroadas no Concello de Negreira.
−Familias nas que ambos proxenitores ou titores legais estean traballando ou en situación de busca activa de emprego ou formación laboral.
Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde dos seguintes criterios recollidos no Regulamento do “Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán (BOP 8 de marzo de 2022, núm. 45):
1º criterio.− Familias que aporten Informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.
2º criterio.− Familias con fillas/os de mulleres vítimas da violencia de xénero.
3º criterio.−Familias monoparentais. 4º criterio.− Familias numerosas.
5º criterio.− Familias nas que algún das/os proxenitores teñan o seu posto de traballo no Concello de Negreira.
6º criterio.− Calquer usuario/a.
O campamento abarca desde o 1 de xullo ao 31 de agosto, podendo as familias elexir as quendas que necesiten, quedando distribuídas da seguinte maneira co seu correspondente prezo público recollido na ordenanza (11 de marzo de 2022):
1ª quenda: 1 ó 15 de xullo
2ª quenda: 16 ó 31 de xullo
3ª quenda: 1 ó 15 de agosto
4ª quenda: 16 ó 31 de agosto
Documentación:
− Modelo normalizado de ficha de inscrición
− DNI dos responsables do menor
− Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos
− Tarxeta sanitaria do/a menor
− Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa
− Xustificante bancario de ingreso do prezo público
− Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).
− Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).
O horario do campamento será de 8:30 a 14:30 horas. As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades permitindo a entrada e saídas flexibles. Para o bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase a aquelas familias que non vaian a facer uso do horario completo do campamento, incorporarse ao mesmo sobre ás 10:00 h. e saída a partir das 13:30h.
Exención e bonificación.
Segundo as circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos:
1 − Exención: A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do mesmo conlevará a exención da cota.
2 − Bonificación: Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 50%.
O persoal técnico responsable do servizo poderá requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.
As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://negreira.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro xeral do Concello de Negreira, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, desde o 14 ao 28 de maio.
Prezo: 100 €/mes; 50€/quincena.