Ábrese a inscrición nos programas Madrugadores e Merendas
Entre as datas do 10 ao 19 de xullo quedará aberto o prazo de inscrición para os programas de conciliación que ofrece durante todo o curso educativo, o Concello de Negreira. Tanto o programa Madrugadores coma o de Merendas, a desenvolver nas instalacións do C.E.I.P. O Coto.
As inscricións deben formalizarse no Centro de Información á Muller (C.I.M.), na planta baixa da Casa do Concello (en horario de mañá, de luns a venres). Máis información no número de teléfono: 881 035 154 – 881 035 155
Documentación
Madrugadores e Merendas 2023-2024:
- Modelo normalizado de ficha de inscrición
- DNI dos responsables do menor
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos
- Tarxeta sanitaria do/a menor
- Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa
- Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).
- Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).
O persoal técnico responsable do servizo poderá requirir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.
As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello, ou de xeito presencial no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres ata o 19 de xullo.