ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A VII CARREIRA DO TURRÓN

CARREIRA DO TURRON

O sábado 27 de decembro a partir das 16:30 h terá lugar a carreira do turrón, unha proba non competitiva polas rúas de Negreira.

Nesta sétima edición, xa consolidada no circuito de eventos deportivos na comarca, vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 metros da categoría BIBERÓN ata os 2.000 metros dos ADULTOS, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado.

A inscrición é 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶𝘁𝗮 e, para participar, só tes que vir caracterizado e disfrutar dunha xornada moi divertida en compaña de familiares e amigos, e estará aberta ata o mércores 24 de decembro, ás 14:00 horas.

Unha vez finalizada a carreira terá lugar as pre-badaladas, coa actuación dun DJ e as campanadas no Pavillón do Ceip o Coto.

Para anotarte podes facelo aquí.

https://goo.su/MwD0JN