Aberto o prazo de inscrición para a VI Carreira do turrón

VI Carreira do turrón

O vindeiro 28 de decembro a partir das 16:30 h terá lugar a Carreira do turrón, unha proba non competitiva polas rúas de Negreira.

Nesta sexta edición vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 metros da categoría BIBERÓN ata os 4.000 metros dos ADULTOS, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado.

A inscrición é 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶𝘁𝗮 e, para participar, só tes que anotarte no enlace de inscrición

O derradeiro día para anotarse é o xoves 26 de decembro, ás 14:00 horas.

+ 𝗜𝗡𝗙𝗢 e INSCRICIÓN: https://goo.su/tZaY