ABERTAS INSCRICIÓNS MADRUGADORES E MERENDAS

O Concello de Negreira abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación Negreira concilia Madrugadores e concilia Merendas que se desenvolverán nas instalacións do colexio O Coto.
Documentación:
- Modelo normalizado de ficha de inscrición.
- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre o menor e os proxenitores
- Xustificante da situación de emprego dos proxenitores.
- Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).
O persoal técnico responsábel do servizo pode requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.
As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello, ou de xeito presencial no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, de luns a venres, dende o 7 ao 15 de xullo.