Aberta a inscrición para o Concilia Semana Santa

Concilia Semana Santa

O Concello de Negreira, en liña co seu compromiso coa conciliación familiar e laboral, pon en marcha o programa “Concilia Semana Santa” durante os días non lectivos das vacacións escolares do devandito periodo.

O programa desenvolverase nas xornadas do 14, 15, 16 e 21 de abril, no Centro Sociocultural, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Alí, os nenos e nenas participantes poderán gozar das actividades lúdicas nun espazo seguro, mentres as súas familias compatibilizan as obrigas laborais e persoais.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas poderán solicitar praza ata o martes 25 de marzo, lembrando que as prazas son limitadas e que se respetará a orde de inscrición.

Con esta acción, a administración local reafirma o seu compromiso co benestar das familias e a importancia de ofrecer solucións prácticas para a conciliación.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (C.I.M.) do Concello de Negreira.