PLENO ORDINARIO

A Corporación Municipal de Negreira celebrará  sesión ordinaria   o próximo día 8 de xaneiro de 2015  ás 17.00 horas  no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

 

Punto Primeiro.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto  nº161/2014 ata o Decreto nº 192/2014, ámbolos dous inclusive.

Punto Segundo.- Ordenanza reguladora das plantacións e cortas de árbores deste Concello de Negreira.- Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede.

Punto Terceiro.- Aprobación, se procede, da rectificación do Inventario Municipal.

Punto Cuarto.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da Base 6ª das de Execución do Orzamento Municipal.

Punto Quinto.- Rogos e preguntas. 

 

Negreira,  2 de xaneiro de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira