PLENO EXTRAORDINARIO E URXENTE

A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria e urxente  o  día  11 de febreiro de 2015  ás 17.30 horas  no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :

 

Punto Primeiro.- Xustificación da urxencia da convocatoria.

Punto Segundo.- Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre os concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a realización dun Obradoiro de Emprego.

Punto Terceiro.- Aprobación, se procede, do Convenio de colaboración entre os concellos da Baña, Santa Comba, Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a realización dun Plan Integral para o Emprego.

 

Negreira, 10 de febreiro  de 2015.

Alcalde-Presidente

Juan J. Rey Maceira