DSC_0644.JPG

Existen tres lugares en Galicia que comparten o nome de Negreira, tal e como corroboran os especialistas en toponimia e segundo desvélanos o historiador e escritor barcalés, X. Amancio Liñares Giraut, de quen partiu a iniciativa de convocar un acto institucional, o sábado día 14 de setembro ás 18:30 horas, a representantes veciñais destas outras dúas Negreira, unha no municipio de Santa Comba e outra, no concello pontevedrés de A Estrada, a unha recepción oficial na Casa do Concello, cos seus respectivos alcaldes, e darlles un agasallo e establecer un «simpático» vínculo de irmadande, segundo sinala Amancio «porque só existen estas tres Negreira en Galicia», coma él mesmo recolleu despois de visitar e fotografar as outras dúas poboacións que comparten nome co noso concello.

 

A máis coñecida é a capital do Val de Barcala, cuxo topónimo define o concello (Negreira), e mais unha parroquia, a de San Xián de Negreira, que como ben di Amancio «tamén integra entroutros núcleos, a propia vila e máis unha aldea con este nome». A seguinte sería o lugar de Negreira, na parroquia de Santa María de Vilamaior, no concello veciño de Santa Comba, a cal lembra Liñares Giraut «conta cun célebre santuario». A terceira é última Negreira existente, atopámola na parroquia de San Miguel de Barcala, no concello pontevedrés de A Estrada «pero neste caso din A Negreira -con ese A diante-, que non usamos no topónimo propio, nin os barcaleses nin os xalleiros», segundo subraia Amancio Liñares, que tivo a ocasión de achegarse e fotografar as outras dúas Negreira, aínda que no caso da estradense defíneo como «un lugar con só tres ou catro casas, parras e campos de cultivo. Non ten letreiros que a identifiquen. Tivemos que preguntarlle á veciñanza, en terras que miran ó río Ulla, como na nosa Negreira barcalesa ollamos ó río Tambre e a Negreira de Vilamaior, está na contorna do río Xallas».

 

Programa

A convocatoria está fixada para as 18:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello e inclúe, unha acollida musical que vai seguida da propia presentación por parte de Xosé Amancio Liñares Giraut. A continuación haberá unha charla coloquio impartida por Fernando Cabeza Quiles, filólogo e especialista en toponimia. Séguelle a intervención do secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, pechándose o acto coas intervencións dos tres alcaldes: Alberto Romar Landeira, por Santa Comba; Gonzalo Louzao Dono, por A Estrada, e finalmente, o rexedor municipal negreirés, Manuel Ángel Leis Míguez.

O acto institucional rematará coa actuación do grupo de música tradicional Os Garuleiros, na rúa do Carme.

 

 

powered by social2s

Concello

Infórmase da convocatoria de Pleno da Corporación Municipal de Negreira, en sesión ordinaria, o luns día 9 de setembro, ás 21:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

 

Orde do día

Primeiro.- Toma de posesión do concelleiro electo, Mario Barreiro Barreiro.

Segundo.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 224/2024 ó nº 316/2024, ambos inclusive.

Terceiro.- Festivos locais 2025.

Cuarto.- Ratificación do Decreto 1ª emenda do proxecto: “ Red de saneamento e estación de bombeo de augas residuais no lugar de Abeanca”, POS + 2024.- Expediente de Decreto 2024/G003/000222.

Quinto.- Ratificación do Decreto 1ª emenda do proxecto: “ Humanización da rúa do Carme”, POS + 2024.- Expediente de Decreto 2024/G003/000223.

Sexto.- Ratificación do Decreto 1ª emenda do proxecto: “Rede de saneamento no lugar de Cobas”, POS +2024.- Expediente de Decreto 2024/G003/000224.

Sétimo.- Representantes na Mancomunidade Xallas-Tines-Tambre

Oitavo.- Rogos e preguntas.

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

B11.JPG

O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades deportivas para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 30 de setembro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Deportes (Casa da Cultura), en horario de mañá.

Para facer efectiva a matrícula en calquera actividade, debes levar a cabo os seguintes pasos:

1.- Cubrir a folla de inscrición das actividades que che interesen:

2.- Entregar a folla de inscrición cuberta, na Delegación de Deportes ou enviar escaneado o documento ao email:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

3.- Pagar a cota de inscrición na conta bancaria do Concello de Negreira.

- ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (Abanca)

- ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (Sabadell)

4.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.

5.- Prezo

- Actividades normais

- 1 actividade: 60 €;

- 2 actividades: 52,50 €;

- 3 actividades: 45 €

   En caso de ser familia directa (pais/fillos):

- 2 irmáns: 52,50 €

- 3 irmáns: 45 €

- Ximnasia de maiores

- 1 actividade 40 € (non ten descontos por máis actividades)

6.- Tes que enviar copia do recibo ao email:, ou entregala de forma presencial na oficina de Deportes.

7.- Para dúbidas podes chamar ó número: 981 885 886

8.- As clases comezan o 30 de setembro.

 

+info: https://goo.su/uOa5I

 

powered by social2s

feira.jpg

O Concello de Negreira lembra que a celebración esta fin de semana da décimo sétima edición da Feira do Románico, obriga a curtar o tráfico totalmente na Carreira de San Mauro, entre a tarde do xoves 29 de agosto e a mañá do luns, día 1 de setembro.

 

O principal desvío alternativo vai ser pola zona de A Abeanca e A Chancela para os vehículos que procedan das estradas de Outes, A Ponte Nafonso e Urdilde, así como á inversa en sentido saída do centro urbano. Outra opción é o paso polo Refuxio de Cobas para os vehículos hacia as zonas de Gonte, Liñaio, Arzón, Xallas, Aro, Broño, A Pena, Bugallido, Alvite e Campolongo.

 

Dende o Campo da Feira pódese circular –só vehículos- en sentido ascendente a través do núcleo de Vilachán de Abaixo, pois en sentido descendente mantén a prohibición desde a fonte de Vilachán.

 

Ademais, vai permanecer pechada ao trafico a rúa do Carme para a instalación das atraccións do recuncho infantil da feira, así como a primeira metade da rúa Cidade de Vicente López, na súa confluencia coa Carreira de San Mauro.

 

Pregamos desculpen as molestias.

 

powered by social2s