Este 22 de agosto de 2024 pasará a historia de Negreira por selo día en que realizouse a entrega persoal do galardón en recoñecemento á traxectoria deportiva a José Manuel Rodríguez “Rodri”, no Salón de Plenos da Casa do Concello, aproveitando a súa estadía en Galicia cando a súa muller Dolores e maila súa filla, Eva. O galardón non puido ser entregado o pasado 1 de marzo porque Rodri e a súa familia residen en Canarias.

 

O xurado da 12ª Gala do Deporte quixo recoñecer así, a traxectoria dunha das persoas que máis contribuiu a fomentar o deporte entre a mocidade de Negreira e comarca. Referímonos a José Manuel Rodríguez, durante a súa etapa como profesor de educación física no colexio O Coto, así como na súa etapa de adestrador da Sociedade Deportiva Negreira.

 

A traxectoria vital de Rodri, que na década dos 80 revolucionou e modernizou o deporte nun municipio eminentemente rural como era a Negreira de aqueles tempos, nos que os que practicaban algún deporte eran tildados de "tol@s", ben merecía este recoñecemento por parte do pobo negreirés debido a súa implicación tan grande. Rodri logrou que equipos formados por él mesmo, en disciplinas tan dispares como fútbol sala, campo a través ou baloncesto, chegasen a clasificarse varios anos para participar en Campionatos de España en idade escolar. Todo un fito naquela época!

 


 

O recoñecemento foille entregado polo concelleiro do goberno local, Adolfo Barbosa cando á primeira tenente de alcaldesa, Teresa Duro Leis, pois o alcalde tivo que excusar a súa non presenza por un asunto persoal. Tamén asistiron concelleir@s do Partido Popular e o edil representante do BNG.

 

Palabras de Rodri

Un Rodri moi "emocionado" recolleu o galardón despois das palabras de Javier Muiño, en representación dos seus antigos alumn@s. O homenaxeado agradeceu este recoñecemento e na súa intervención sinalou que "los éxitos actuales demuestran que los jóvenes de la comarca de Negreira han sabido recoger el relevo que con gran dignidad han recibido de sus padres. En realidad, la pequeña participación que mi esposa y yo tuvimos en aquellos éxitos que hou queréis reconocer aquí, sería quizás, la de sacar a la luz unos valores que ya estaban innerentes en aquellos jóvenes que llenos de ímpetu y de ilusión, nos dieron tantos triunfos y tantas alegrías", manifestou.

 

Rodri e a súa familia sempre serán d@s nos@s por todo o cariño demostrado hacia Negreira!

powered by social2s