A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión ordinaria o próximo día
12 de setembro de 2016 ás 21.00 horas no Salón de Plenos do Concello,
conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Orde do día:
Punto Primeiro.- Dar conta dos Decretos emitidos pola Alcaldía dende a data do anterior Pleno Ordinario: Dende o Decreto nº 138/2016 ata o Decreto nº 182/2016, ámbolos dous inclusive.
Punto Segundo.- Programa de vivendas baleiras.- Designación dos representantes municipais na Comisión de Seguimiento e Coordinación do correspondente Convenio de Colaboración.
Punto Terceiro.- Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público local con mesas e cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
Punto Cuarto.- Aprobación provisional, se procede, da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
Punto Quinto.- Aprobación inicial, se procede, de modificación orzamentaria municipal por transferencia de créditos.
Punto Sexto.- Dación de conta do escrito de agradecemento presentado polo Presidente da Unión Barcalesa de Covas.
Punto Sétimo.- Rogos e Preguntas
Negreira, 8 de setembro de 2016.
Alcalde-Presidente
Jorge J. Tuñas Caamaño
A Corporación Municipal de Negreira celebrará sesión extraordinaria o próximo día 29 de agosto de 2016 ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello, conforme a Orde do Día que se relaciona a continuación :
Punto Único.- Sorteo para a formación das Mesas Electorais a constituir con ocasión das Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 que se celebrarán con data de 25 de setembro de 2016.
Negreira, 25 de agosto de 2016.
Páxina 48 de 62