O Pleno extraordinario celebrado onte pola Corporación Municipal de Negreira, acordou por unanimidade de tódolos seus membros, refrendar os proxectos incluídos no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal (POS) 2016 da Deputación de A Coruña, cunha achega económica de 309.152,70 euros.

Este total divídese en dúas partes: obras e gasto corrente. Para cada partida asignase a cifra de 154.576,35 euros. As obras repártense en dous proxectos: Hormigonado de pistas e muro de contención en: Pista Negreiroa; pista en Bellalta; pista en Niñarelle; pista en A Chancela e muro de contención en Mourís, por un lado, e asfaltado de pistas: Pista en Bouzas a Zas; pista de Marcelle a Landeira; pista de Alvite a Santo Tomé; pista en Abeanca e, pista de Castelán a Castro.

Plan de Acción Social (PAS)

Neste punto, o Partido Popular abstívose e criticou que o goberno non inclúa a construcción do Centro de Día, destinando o importe do Plan de Obras e Servizos para este fin, e o resto de obras financialas co Plan de Acción Social.

Dentro dos investimentos financeiramente sostibles de carácter social: Obras de cuberta da pista de pádel por 58.572 euros; Melloras da accebisibilidade e seguridade vial en instalación municipais: Pavimentación e aparcadoiro adaptado no Local Social de Romarís; aseos adaptados na Escola Infantil de Negreira; aseos adaptados e cuberto na Área de Negreiroa: pasos sobreelevados e accesibilidade de minusválidos en vías urbanas do núcleo de Negreira; mantemento e impermeabilización das azoteas do Centro Sociocultural; mantemento das instalacións eléctricas no Colexio de Infantil e Primaria de Negreira, por un importe total de 252.943 euros.

Dentro dos investimentos financieiramente sostibles, inclúense os seguintes proxectos por valor de 168.628 euros para obras de mantemento e camiños e pistas municipais: Camiño peonil en Maio Pequeño, até a fonte do lavadoiro; camiño peonil en San Tomé; pista de acceso en Gonte até a fonte do lavadoiro; pista de acceso a Lueiro dende os depósitos municipais; pista no núcleo de A Barquiña; canalización e pista dende os depósitos municipais en San Martiño, e pista até os repetidores municipais no monte de A Pena.

Transporte experimental

A proposta da empresa de transporte de viaxeiros Hermanos Ferrín, S.L., ésta vai recuperar dous traxectos durante dous días á semana (martes e xoves), por onde ésta ten unha concesión á que renunciou por escaseza de viaxeiros. A súa posta en marcha tería un desembolso económico para o Concello de 2.000 euros mensuais.

Servizos:

O número 1 parte de Campolongo por Couso e Pesadoira cara Negreira, ás 07:45 horas. Retornará ás 11:00 horas.

O número 2 parte de Bugallido ás 08:45 horas por Landeira até Negreira. Retornará ás 12:15 horas.

Este asunto quedou sobre a mesa, a expensas de realizar un estudo económico e de viabilidade dun terceiro servizo, entre a parroquia de Portor e Negreira, a proposta do Partido Popular. Ésta formación política condicionou o seu apoio a conquerir este servizo para Portor e máis a que se emita un informe favorable da Intervención municipal, dado que o Concello terá que asumir o pago dunha cantidade á empresa, sempre e cando prosperen os servizos que o Concello debe solicitar agora á Dirección Xeral de Mobilidade, da Xunta de Galicia.

powered by social2s