O debuxo que ilustrará as presentes festas de Nadal no noso concello, segundo decidiu o xurado do Concurso de Carteis de Nadal, recaeu no traballo conxunto da Aula de 5 anos C do Colexio do Coto, que foi un dos tres finalistas entre preto de oitenta debuxos presentados por alumnado de distintos rangos de idade, dende curta idade da Escola Infantil Municipal, pasando polo CEIP O Coto, e o IES Xulián Magariños, cuxo premio consiste nun vale-agasallo por valor de 90 euros, ademáis de editarse o seu debuxo como anunciador do programa navideño do Concello de Negreira.

Faráselle entrega do seu premio durante a Cabalgada dos Reis Magos, o vindeiro día 5 de xaneiro de 2016, cando tamén entregaranse os tres premios do concurso de escaparates do comercio de Negreira.

Na vindeira semana darase a coñecer a totalidade de actividades do programa de Nadal que, entre outras citas, depara para o sábado 19 de decembro a celebración do Gran Festival do Nadal, ca este ano alcanza os seus 25 anos, a partir das seis da tarde, no Auditorio do Centro Sociocultural. 

powered by social2s