Diseño sin título (3).png

De cara a divulgar información sobre o parque eólico de Alvite, o Concello de Negreira programou unha xuntanza informativa para o martes, día 21 de xuño, ás nove da noite, no Local social de Pesadoira, na parroquia de Alvite.

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, xunto coa necesidade da urxente ocupación dos terreos, e a autorización administrativa de construcción; e mailo estudo de impacto ambiental, e o proxecto sectorial, atópanse en prazo de exposición pública para presentar alegacións por un periodo de 30 días hábiles, contados dende o venres, día 10 de xuño.

Trátase dun novo proxecto eólico promovido pola madrileña Green Capital Power en Negreira e arredores. Afecta a fincas dos concellos de Negreira, Mazaricos e Santa Comba. Toda a documentación atópase exposta nos tres concellos, e maila Xefatura Territorial de Economía, Empresa e Innovación, así como na rede.

O parque eólico de Alvite prevé que se instalen 12 aeroxeradores de 3,45 megawatios de potencia unitaria. Conta cun orzamento de execución de 32.587.955 euros.

 

Toda a documentación pódese comprobar premando na seguinte ligazón da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), número 110 de 2022, con data do xoves 9 de xuño: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220609/AnuncioG0596-160522-0004_es.html?fbclid=IwAR2aoRd4taC7IKRVKkHbPXSid03PpqAc1zNCVBUbwRyuCqW1vhn52oWkq5o

 

powered by social2s