O Concello de Negreira considerou necesario pedir un cribado o día de onte, 4 de xaneiro do 2022, para a pobación menor de 20 anos, debido a que considera entre outras causas, a difícil situación que está a vivir coa inminente volta ás aulas do alumnado.

 

A recomendación de realizarse un test de antíxenos para poder incorporarse ao curso escolar é entendible pero pouco práctica. É case imposible conseguilos nos lugares habilitados para vendelos, e tamén para algunhas familias e bastante difícil afrontar o custo dos mesmos, xa que subiron o seu prezo e tamén teñen que desprazarse á outros concellos para poder adquirilos.

 

Dende o Goberno municipal, consideramos esencial que os rapaces/as vaian seguros aos centros educativos, e coa realización das probas sería unha boa forma de garantir que o virus non se extenda e provoque outra subida masiva dos casos.

 

Polo tanto, remitiuses unha petición á Xerencia do Servizo Galego de Saúde, solicitando un cribado no mesmo concello como así se fixo nos cribados anteriores, agardando en breves que teñamos unha resposta afirmativa para así axudar a mitigar dita pandemia e volver a lograr que os rapaces/as continúen seguros a súa educación.

powered by social2s