As actividades culturais e de lecer cada vez cobran máis importancia, por iso traballamos para mellorar na accesibilidade das mesmas hacia os cidadans.
A cultura, tanto dende a perspectiva da creación artística, como dende a do goce das obras realizadas, debería resultar accesible a todas aquelas persoas con ou sen discapacidade que pretendan desenvolver as súas capacidades e as súas afeccións. A Delegación de Cultura e Deportes do concello de Negreira encárgase de deseñar e programar toda a actividade Cultural e de Lecer que se leva a cabo no noso concello.
Organízanse actividades de diversa índole; teatro, música, artes plásticas e cine, obradoiros, cursillos, festivales, viaxes culturais e actos lúdicos co fin de entreter e atender aos nosos veciños.
FUNCIÓNS
Dende este departamento lévanse a cabo tamén as seguintes tarefas:
- Promoción de actividades culturais
- Exposicións
- Festas tradicionais
- Actividades dirixidas aos Centros Escolares
- Subvencións a entidades educativas
- Organización de charlas, cursos ou conferencias
- Celebración de datas tradicionais