OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA

FEIRA DO ROMÁNICO

Cada primeiro fin de semana de setembro a feira de ambientación medieval, inunda as rúas do entorno do Pazo do Cotón. Tres intensos días cheos de actividades, postos de artesanía e actuacións en directo que se están a converter nunha cita importante dos meses de lecer na comarca.

Dende o Concello de Negreira, asumiuse a organización desta actividade na súa totalidade, apostando forte por unha festa que é un bo reclamo publicitario e un gran escaparate da nosa Vila para os visitantes.

Aumentaronse os dias, as actividades e tratouse de mellorar diversos aspectos da Feira, sabedores da importancia a nivel turistico do evento.

Miles de persoas de toda a comarca participan nesta celebración que ano a ano conta cun importante esforzo orzamentario.

Negreira trasladase ó medievo poñendo as súas mellores galas. Os visitantes dispoñen dun sinfín de actividades incluindo a cetrería, o tiro con arco ou os xogos populares. Tamén hay diversos talleres temáticos para o público infantil, nos que poden aprender a realizar traxes medievais, de maquillaxe, etc...

Ademáis dos postos de artesanía hai varios postos de comida que fan as delicias do público.

A animación musical é moi importante contando con grupos de música medieval de toda españa.

 

OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA