Posúe dous núcleos de poboación: Gándara e Gonte. Esta parroquia está bañada polo río Tambre e ten unha igrexa actual construída sobre os cimentos da antiga de estilo Románico. Ademais na aldea de Gándara existe unha roca tallada coma sinal do camiño romano que por alí pasaba.