Departamento Servizos Sociais

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:30 a 13:30 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Educadora Familiar

Desempeña este cargo unha licenciada en psicoloxía.

Ofrece asesoramento e apoio ás familias que teñen algún tipo de dificultade no desempeño das súas funcións familiares (atención, coidado e/ou educación dos menores, organización do núcleo de convivencia…) ou en calquer outro aspecto que dificulte o desenvolvemento axeitado dos membros e a vida familiar e social. Tamén programa actividades de prevención con grupos.

Áreas de actuación:

  • Saúde (Alimentación. Hixiene. Prevención de enfermidades. Consumos…)
  • Organización e economía familiar (Organización e planificación do traballo, do tempo e dos recursos. Distribución do presuposto…)
  • Convivencia familiar (Comunicación. Relacións. Solución de conflitos familiares…)
  • Educación dos menores (Límites e normas. Hábitos de estudio. Responsabilidades.Valores…)
  • Emocional (Autoestima. Habilidades sociais. Solución de problemas. Toma de decisións. Presión do grupo…)
  • Integración (Dificultades no entorno escolar, laboral e social. Absentismo…)

Contacto: 981 88 53 81

Horario: de luns a venres de 8:00 a 15:00 h (verán de 8:00 a 14:00h).

Departamento Servizos Sociais

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:30 a 13:30 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA