CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 10:00 a 14:00 (mércores)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Clase para Adultos

Presentación:

O concello de Negreira mantén dende hai anos un forte compromiso cá educación en xeral, e cá formación de adultos en particular. Dito compromiso resulta fundamental na época actual, na que o desemprego e as escasas oportunidades de inserción laboral existentes fan que a formación continuada, a mellora constante do currículo e o manexo de información actual sexa un requisito indispensable para volver a reincorporarse a un mercado de emprego cada vez máis cambiante e esixente.

Dentro desta formación continuada, a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para aqueles adultos que non o posúan resulta vital á hora de mellorar o currículo, xa non só para a obtención dun posto de traballo ou a promoción e mellora do mesmo, se non tamén para poder optar ás diferentes accións formativas que se levan a cabo dende o Instituto Nacional de Emprego debido a que moitas destas accións esixen coma requisito o estar en posesión de dito título da ESO.

Descrición das instalacións, niveis educativos e servizos :

Dende o concello ofertamos de maneira totalmente gratuita clases teóricas para a obtención do título para maiores de 18 anos. Ditas clases abarcan todas as materias que son obxecto de exame así coma os 4 cursos que conforman a ESO sempre tendo en conta as diferenzas de nivel existentes entre a ESO para menores de idade e a ESO para adultos maiores de 18 anos.

A nosa aula (situada nas instalación municipais da rúa de Castelao, nº12, baixo) matricula anualmente trinta alumnos repartidos nos diferentes cursos da E.S.A. (Ensinanza Secundaria de Adultos). Están matriculados na modalidade a distancia ofertada polo centro oficial I.E.S. San Clemente de Santiago de Compostela. Dito centro leva a cabo as funcións de asesoramento académico e planificación do calendarios, matriculacións, avaliación cuatrimestrais etc. así como a facilitación ó acceso de todo o material didáctico, incluíndo as unidades didácticas oficiais ( redactadas pola Xunta de Galicia), materiais complementarios, titorías opcionais…

O personal docente da Escola de Adultos de Negreira componse de dúas mestras, unha adicada as materias do ámbito científico tecnolóxico, lingua estranxeira, lingua castelán e sociais e trámites administrativos (matrículas, titorías, convalidacións etc) , e outra (a normalizadora lingüística do Concello) centrada principalmente na lingua galega, ortografía , comprensión e redación de textos etc.

Deste xeito, a Escola de Adultos de Negreira funciona como unha guía que prepara ó noso alumnado para os exames que o San Clemente leva a cabo proporcionando as explicacións teóricas necesarias, o material esixido , servindo de enlace entre o alumnado (que non ten fácil acceso a internet frecuentemente) e o corpo docente do instituto San Clemente.

Contacto:

Concello de Negreira, Rua do Carmen, nº 3 – 15830 Negreira (A Coruña).

CIF. P1505700-C

Telf. 662 370 448

Fax., 981.88 53 28

Teléfono: 662 370 448

Horario de atención telefónica:

Mércores de 10 a 2

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 10:00 a 14:00 (mércores)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA