OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA

Carreira Popular de Negreira

O 1978 foi un ano especialmente efervescente en España onde as forzas políticas tentaban de chegar a acordos para sacar adiante a Constitución democrática, pero tamén en Negreira , onde a Asociación de Veciños “Tambre” aparcaba por un intre a loita contra o Plan Xeral de Ordenación Urbana, que o Concello impulsaba, para facer sair á rúa ao maior número de veciños na que sería a I Carreira Popular, chamada polos organizadores Maratón.

Neses días en Negreira, segundo os xornais da época, xa non se falaba doutra cousa, agás do Referendum, claro está.

O temporal de vento e choiva dese venres de decembro non impediu que uns 200 corredores e corredoras coas máis dispares indumentarias.

En Negreira, ese día venceuse á climatoloxía e a entrega de trofeos no patio do Colexio Público rematou cun lunch na Sala de Festas Gran Vía no que a organización agasallou aos sufridos participantes, na maioría veciños.

Logo, todo foi tirar cara adiante e a satisfacción de que todas as pequenas iniciativas e o esforzo conxunto dun pobo pode chegar ás metas que se propoña. Polo camiño, centos de persoas que aportaron o seu esforzo.

A todos eles debemos o noso agradecemento e a máis sincera felicitación porque foron facendo camiño.

Na actualidade a proba é unha das máis importantes de Galicia, con grandes premios e un altísimo nivel de participación. Despois de case 40 anos de historia a Carreira de Negreira segue sendo un referente das probas de atletismo popular.

OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA