RADIO NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 15:00 (de luns a venres)
Carreira de San Mauro, Nº 11 - 2ª PLANTA

Radio Negreira

A emisora municipal ten o obxectivo de achegar a toda comarca a informacíon máis próxima con espazos variados centrados na actualidade. Unha programación elaborada para cumprir coa vocación de servizo público aberto á participación de toda a cidadanía.

PROGRAMACIÓN
HISTORIA

Luns a venres.

· De 10:00 a 12:00 h. As Mañás. Música e información. Presenta Ovi Martínez.

· De 12:00 a 14:00 h. O Faladoiro. Programa de variedades coa actualidade da comarca. Presenta Emilio Forján.

· De 14:00 a 14:30 h. Informativo.

· De 14:30 a 20:00 h. Tardes Musicais. Programa musical cos éxitos nacionais e internacionais.

· De 14:30 a 15:30 h. Aires Celtas. (Luns) Música folk. Presentan Federico Salvador e Juan Armando.

· De 14:30 a 15:30 h. News Clickciber. (Mércores) Espacio especializado en ciberseguridade. Presenta Carlos Lillo.

· De 14:30 a 15:30 h. Descubre. (Venres) Novos artistas do mundo da música. Presenta Bruno Navarro e Celia Lucía López.

· De 20:00 a 20:30 h. Informativo.

· De 20:30 a 00:00 h. Fío Musical. As mellores cancions do recordo.

Sábados e domingos.

·De 10:00 a 15:00 h. Conexión Latina.

·De 16:00 a 20:00 h. Tardes Musicais.

·De 20:00 a 00:00 h. Fío Musical.

 


A emisora municipal do Concello de Negreira naceu no verán de 1988 facendo as súas primeiras emisions dende un pequeno estudio na Casa do Concello.

En 1991 pasaría a ocupar as actuais dependencias compostas por un control, un estudio locutorio, e unha sala de redacción na segunda planta da Casa da Cultura, antiga Casa Consistorial na rúa máis emblemática da vila, a Carreira de San Mauro.

Vocación

Radio Negreira sempre mantivo o distintivo de ser A Voz da Barcala, cunha vocación constante de servizo público a disposición dos cidadáns do concello de Negreira, e no seu conxunto, das xentes do Val de Barcala e zonas limítrofes, incluíndo sobre todo ó veciño concello de A Baña, que xunto a Negreira forman a comarca natural de Barcala, pero tamén Brión e Ames, do Val da Amaía, e Mazaricos e Santa Comba, na comarca natural de Xallas.

Xestión Municipal

O Concello de Negreira xestiona a emisora, facéndose cargo dos gastos de persoal, e do seu mantenemento.

Identificados coa cultura e o pobo

Unha emisora como Radio Negreira debe ter moi claros cales son os seus obxectivos: Formar, informar e entreter, pero sempre dende o punto de vista dun servizo público municipal, que debe estar presente en tódolos acontecementos da vida dos cidadáns do pobo, e sempre perfectamente identificados coa Cultura, costumes, e o día a día das súas xentes en ámbitos como o deporte, a economía, e por suposto, a vida e a política municipal.

Independencia Informativa

Nunha liña editorial claramente aberta a tódolos sectores cidadáns e grupos políticos, sí se pode chegar a ter o respeto da gran maioría coma medio de comunicación moi próximo ao oínte, e único polas súas características, xa que son precisamente os veciños os que fan posible que tódolos días, os que traballamos na radio, poidamos sair en antena para contar as súas grandes e pequenas cousas.

Programación en galego

Un dos principais principios segue sendo o compromiso co idioma dun país. O galego é ultilizado en tódolos programas, salvo excepcións en que o entrevistado só fale castelán. As radios municipais temos un gran papel como dinamizadoras do idioma galego entre a poboación. Un claro exemplo témelo en que cada vez son máis as emisoras de carácter privado que emiten a súa programación local en galego.

Adaptación as novas tecnoloxías

É un dos aspectos que máis nos preocupan. A pesar dos escasos recursos cos que contamos as emisoras de radio municipais, a súa importancia para o desenvolvemento das áreas ou comarcas onde emiten, deberían recibir un maior apoio das institucións para adaptarse á tecnoloxía dixital, como o gran reto de futuro para a súa supervivencia.

RADIO NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 15:00 (de luns a venres)
Carreira de San Mauro, Nº 11 - 2ª PLANTA
Podcast WhatsApp